Thursday 25 de April de 2024

Boqueixón convoca seis Obradoiros de Nadal para nenos/as de Infantil e Primaria que terán lugar nas tardes das vacacións escolares


O Concello de Boqueixón convoca seis Obradoiros de Nadal, dirixidos a nenos e nenas de Infantil e Primaria, que se desenvolverán durante as vacacións escolares en horario de tarde, de 16:00 a 18:30 horas. Aquelas persoas que estean interesadas en participar deberán inscribir ás súas crianzas no 981 513 115 ou en cultura@boqueixon.com. O número de prazas é limitado.

Os seis Obradoiros de Nadal desenvolveranse de 16:00 a 18:30 horas en tres instalacións municipais. Na Casa da Cultura de Camporrapado haberá un obradoiro de decoración e adornos de Nadal o 22 de decembro, así como unha gran Festa de Fin de Ano o xoves 30 de decembro.

O local social de Sergude acollerá dous obradoiros: un de elaboración de velas de Nadal (23 de decembro) e outro de elaboración de experimentos científicos (27 de decembro). Finalmente, o local social de Lestedo acollerá os dous obradoiros máis saborosos: un de elaboración de doces típicos do Nadal (29 de decembro) e outro de casiñas de xenxibre (3 de xaneiro).